Galicia ten unha ducia de brotes COVID en granxas de visóns ao sumarse unha explotación de Curtis

A Consellería de Medio Rural explica que, con base no programa de prevención do Goberno central, procédese á inmovilización desta explotación de Curtis, con control por parte dos veterinarios de Medio Rural para avaliar as actuacións a levar a cabo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

Un novo brote de coronavirus nunha granxa de visóns no municipio de Curtis eleva a unha ducia o total de focos en Galicia desde o inicio de pandemia. Nun comunicado, a Consellería de Medio Rural informa de que no caso de Curtis hai 11.600 visóns na explotación --8.500 crías e 3.100 reprodutoras--, onde se detectaron catro mostras positivas.

A comunidade galega conta con 25 granxas --con 71.479 reprodutoras--, das cales a metade xa contaron con brotes de coronavirus. Supón a maior parte do volume de negocio do sector no Estado, tendo en conta que tres cuartas partes do total de explotacións sitúanse na comunidade galega.

O primeiro foco en Galicia detectouse en xaneiro deste ano nunha granxa da Baña, onde foron sacrificados os seus 3.100 visóns. O segundo localizado foi en febreiro en Santiago.

Desde xuño disparáronse os casos en granxas de visóns en Galicia, con oitos brotes en pouco máis dun mes en explotacións coruñesas: Carral, Santiago, Abegondo (2), A Baña, Oza-Cesuras, Negreira e Sobrado dos Monxes. Posteriormente, produciuse un foco en Abegondo en agosto e agora este de Curtis.

A Consellería de Medio Rural explica que, con base no programa de prevención do Goberno central, procédese á inmovilización desta explotación de Curtis, con control por parte dos veterinarios de Medio Rural para avaliar as actuacións a levar a cabo. Precisamente, entidades ecoloxistas reclamaron no último ano o peche das granxas de visións galegas polo seu perigo ante a incidencia de brotes de coronavirus.

Visóns americanos nunha gaiola. WWF
Visóns americanos nunha gaiola. WWF | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta