Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 18:35
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu este venres aos 16 deportistas galegos que participaron nos Xogos Paralímpicos de Tokio e felicitounos polos seus "éxitos" e por ser "exemplos" de traballo, esforzo e superación.
Durante a recepción, celebrada no 'hall' do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago, o mandatario autonómico aproveitou para remarcar o "compromiso" da Xunta coa visibilización da discapacidade e coa inclusión. Neste sentido, lembrou que a Administración autonómica duplicou "o orzamento destinado á discapacidade, ata os 126 millóns de euros, neste ano 2021.
"E contamos cun dos sistemas educativos máis igualitarios de España, sendo unha das comunidades con máis alumnos con necesidades especiais integrados en aulas ordinarias", reivindicou Feijóo, quen tamén anunciou "varias actuacións de transición ao emprego".
Ademais, referiuse á posta en marcha a nova Oficina de Atención ao Deportista, un servizo de asesoramento que estará en funcionamento a próxima tempada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.