Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2021 | Actualizada ás 20:50
'Dígocho Eu', o proxecto da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) presentado pola xornalista Esther Estévez, arrinca a súa nova tempada con conta propia de Instagram.
Ademais, este mércores as 22,00 horas da noite --reporase na G2 o sábado ao mediodía--, haberá unha nova emisión en Twitch do espazo 'Apuntamento Lusófono'.
Neste programa, Estévez retomará as conversacións en directo co actor luso Rodrigo Paganelli para coñecer as relacións entre o galego e o portugués.
Este arranque de tempada complétase co primeiro aniversario de 'Dígocho Eu' en Tiktok, conta que experimentou o maior crecemento en todo o seu tempo de vida, ata os 123.000 seguidores e con vídeos que superaron o millón de reproducións. En total, os vídeos nesta rede social superan os 25 millóns de visualizacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.