Trasladado ao hospital un neno que sufriu un atropelo en Barbadás

Por E.P. | Ourense | 20/09/2021 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Un menor de idade foi trasladado ao hospital despois de sufrir un atropelo no concello ourensán de Barbadás.+

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

O accidente tivo lugar, segundo informa o 112, ao fío das 14,30 horas na parroquia da Valenzá. Foi entón cando un particular alertou ao 112 Galicia dun atropelo a un neno na Avenida de Celanova, diante dunha oficina de Correos.

Os xestores do 112 informaron o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Barbadás. Estes últimos, xa no lugar, confirmaron aos xestores do 112 que o neno foi trasladado en ambulancia.

O 112 tamén deu aviso aos Bombeiros de San Cibrao das Viñas e ao GES de Pereiro de Aguiar, por se fose necesaria a súa colaboración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta