Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/02/2014 | Actualizada ás 12:35
A calidade xeral dos portais turísticos das comunidades autónomas é aceptable, cunha cualificación media de 0,51 sobre 1. Pero, por encima desa cifra destaca Galicia cun 0,66%, segundo o informe Sitios web turísticos das Comunidades Autónomas españolas, realizado no marco do proxecto Codetur, coordinado pola Universitat Pompeu Fabra.
O primeiro contacto cun destino turístico en internet é a páxina web do mesmo. Por iso, o seu funcionamento conten prestacións fundamentais para o viaxeiro á hora de decantarse por un enclave para gozar do seu tempo de lecer o o estudo destaca que, en xeral, este tipo de webs carecen dun enfoque persuasivo, xa que están concibidas como ferramentas de información. Así
O estudo analizou 127 indicadores agrupados en doce parámetros, entre eles a arquitectura da información, a usabilidade, o posicionamento da web, os idiomas que utiliza, a calidade do contido, a imaxe de marca, a interactividade e mesmo a comercialización.
A web de Galicia, Turgalicia, destaca en todos os parámetros e só obtén puntuacións lixeiramente inferiores á media en 'Idiomas' e 'Comercialización'. Detras da galega, están a de Canarias, Comunidade Valenciana e Euskadi. Así, o portal turístico da Comunidade Valenciana destaca en todos os 'aspectos relacionais'. Obtén puntuacións moi superiores á media en 'Interactividade', 'Web social' e 'Comunicación móbil'.
En xeral, os aspectos técnicos teñen unha valoración alta, pero o informe sinala que estes portais turísticos deben mellorar en aspectos como a interactividade e a comunicación móbil. É dicir, deben concibirse non só como un punto de difusión de información, senón como unha ferramenta para convencer ao usuario de que visite o destino, á vez que se lle proporcionan as máximas facilidades á hora de contratar servizos.
Desde o punto de vista do posicionamento, todas as web aparecían entre os dez primeiros resultados orgánicos de Google ao realizar unha procura polos termos 'turismo' e 'nome do destino' As dúas páxinas de inicio de maior calidade son as de Andalucía e A Rioxa. En cantidade e calidade de contido sobresaen Navarra e Murcia. En Interactividade só un destino se sitúa por
encima do 0,5; a Comunidade Valenciana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.