Pois mira Jesús, non sei se son eu o que non me aclaro ou se eres ti que non che quedan argumentos e copias o que eu digo. Vives nun mundo de teoría e, non referente a este país, de descoñecemento. Pouco me importan a min os Estatutos, da teoría á práctica vai un treito e deberías de telo comprobado a estas alturas.
Nin o BNG é radical, nin o PP de dereitas nin o PSOE socialista!!
O BNG é unha macedonia de intereses cun só obxectivo na maioría (maioría, non totalidade) dos seus altos cargos: tocar un cachinho de poder, agora que algo tenhen! Radical de que? De formar parte do Galeuscat con partidos de dereitas, católicos e proabortistas, pro exemplo?
O PP de dereitas é un cachondeo. O PP representa á ultradereita inserida no sistema democrático. A dereita normal non fixa as posturas irracionais do trío Mariano Zaplebes.
E o do PSOE socialista... pois que dicirche?? Modelo económico ultraliberal e con personaxes coma Ibarra, Bono ou Vázquez, de socialistas... pouco!