Galicia aposta pola sensibilización sobre saúde mental nos medios

O primeiro paso será a redacción dun documento de recomendacións sobre o suicidio.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/04/2025 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade acolleu a segunda reunión do grupo de traballo 'Saúde mental e comunicación' que puxeron en marcha a Xunta e o Colexio de Xornalistas co obxectivo de elaborar unha guía de boas prácticas sobre o tratamento informativo da conduta suicida.

Este grupo, detallou a Xunta nun comunicado, está formado por psicólogas da subdirección xeral, profesionais da psicoloxía clínica, psquiatría, divulgación científica e xornalismo. Este proxecto forma parte do obxectivo da Consellería de Sanidade de contribuír á sensibilización e desetigmatización social das enfermidades de tipo mental.

O primeiro tema que tratarñan é a conduta suicida por ser unha das principais causas de morte non natural e un problema de enorme complexidade que require dun enfoque multidisciplinar e da implicación do conxunto de axentes sociais.

Por iso, elaboran este documento co obxectivo de achegar ás redaccións dos medios de comunicación recomendacións destinadas á elaboración de informacións relacionadas coa conduta suicida.

Atención de problemas de saúde mental
Atención de problemas de saúde mental | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta