Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2021 | Actualizada ás 19:20
Un total de 669 empregados públicos da Xunta de Galicia --o 93,4% dos 1726 convocados-- participaron este sábado nas probas da segunda fase do proceso de funcionarización voluntaria convocadas pola Administración galega.
A xornada dividiuse en dúas partes. Pola mañá tivo lugar o exercicio para que o persoal laboral fixo dos grupos I, II e III pase aos subgrupos A1, A2 e C1 de funcionarios. Xa pola tarde, participaron os empregados públicos do grupo IV para acceder ao subgrupo C2 de funcionarios. Os exames realizáronse na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A finalidade deste proceso, que a Xunta abriu tras un acordo cos sindicatos CC.OO. e UGT no ano 2019, é "unificar o réxime xurídico" aplicable ao persoal que presta servizos na Administración autonómica, así como cumprir o "principio xeral" de que o traballo nas institucións deben ser desempeñados por funcionarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.