Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 13:14
O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña emitiu este xoves unha providencia na que decreta a suspensión da vista fixada para o próximo 22 de outubro destinada a determinar que bens do Pazo de Meirás deben ter a consideración de inmobles e, en consecuencia, non poden ser retirados do recinto.
Segundo informou o TSXG, o maxistrado aceptou a petición da familia Franco de pospor a vista porque entende que os seus peritos non tiveron tempo suficiente para elaborar o informe para o que se lles autorizou acceder ao pazo.
Ese informe ten que ser enviado ao xulgado con anterioridade -cinco días hábiles- á celebración da vista para que o órgano dea traslado do mesmo ás partes personadas no procedemento. A familia Franco considerou que ese prazo era imposible de cumprir, polo que solicitou a suspensión da vista, unha demanda que foi aceptada polo xuíz.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.