Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/10/2021 | Actualizada ás 22:15
O pazo do Vilar, no concello de Zas e tamén coñecido como A Reitoral, vén de sumarse á "Lista Roja" da Asociación Hispania Nostra, entidade destinada ao coidado do patrimonio cultural do Estado e declarada de interese público. A asociación define o seu actual estado de conservación como "ruinoso" posto que só conserva os muros exteriores e o seu interior atópas baleirado e sen cuberta. Por iso, Hispania Nostra inclúe o Pazo da Reitoral na súa lista vermella, polo risco actual de desaparición.
O pazo da Reitoral, protexido legalmente no escudo da súa fachada e no horreo xa que foron declarados BIC, serviu como casa parroquial durante o século XX até o seu abandono. O pazo historicamente pertenceu aos Figueroa e Moscoso, apelidos que aparecen representados nos cuarteis do seu escudo, e na actualidade pertence á Diócese de Santiago de Compostela.
CASA DA LUZ DE BETANZOS
Ao pazo da Reitoral acómpañao na recente actualización da "Lista Roja" outro ben patrimonial, desta volta incluído no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia dende 2018: a Casa da Luz, en Betanzos. Trátase da primeira Fábrica de luz da cidade, na que a familia Núñez de Betanzos instalou a principios de 1900 as industrias "Núñez e Compañía", erixíndose como pioneiros deste tipo de explotacións.
Segundo apuntan dende a asociación, a razón de incluíla na lista é "presionar e facer visible a actuación de consolidación dun Conxunto Industrial pioneiro, xerador de electricidade, fundado pola Familia Núñez. Ademais, parte das construcións parecen responder a un proxecto do arquitecto Rafael González Villar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.