A Xunta dita o 100% de servizos mínimos no Sergas ante a folga en función pública deste xoves

Decreta uns servizos mínimos do 100% nos persoais do 061, hospitalización do Sergas, enfermaría ou atención primaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2021 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A Xunta ditou o 100% de servizos mínimos nos servizos sanitarios ante a folga na administración pública convocada en todo o Estado por varios sindicatos e que en Galicia está apoiada pola Central Unitaria de Traballadoras (CUT) e Co.Bas, a Confederación Intersindical e STAP de Solidariedade Obreira.

Este mércores, o Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle as dúas ordes emitidas polo Executivo galego que establecen os servizos mínimos para a xornada deste xoves, na que os funcionarios están chamados a parar en protesta pola temporalidade nas administracións públicas.

Así, os servizos mínimos alcanzarán o 100% en case todos os departamentos do Servizo Galego de Saúde. No súa xusficación, o Goberno galego incide en que a crise sanitaria segue latente a pesar da súa evolución positiva, polo que considera necesario contar cos máximos efectivos para a cobertura da totalidade da actividade.

Por tanto, decreta uns servizos mínimos do 100% nos persoais do 061, hospitalización do Sergas, enfermaría ou atención primaria. Para o persoal de xestión, establece o 100% nos sevicios de urxencias e o número de traballadores habitual para domingos ou festivos en hospitalización.

Os persoais de mantemento ou lavandaría poderán chegar á metade, mentres que en limpeza fixa a obrigatoriedade de cubrir a totalidade da quenda en todas as áreas salvo en radioloxía intervencionista, esterilización e hospitalización non covid, que poderán funcionar ao 70%. Para os traballadores administrativos sanitarios, a Xunta fixa o 40% da asistencia para a área de persoal e o 25% para subministracións, almacén e contabilidade.

Así mesmo, outra orde ditada pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo marca os servizos mínimos para o resto de persoais da administración dependentes das consellerías.

Marcha en Santiago convocada polo comité de folga de urxencias do CHUS
Marcha en Santiago convocada polo comité de folga de urxencias do CHUS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta