A Xunta actualiza as zonas de especial protección para aves ameazadas polo impacto de liñas de alta tensión

Incúense unha vintena de especies a protexer.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/10/2021 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda actualizou as zonas de especial protección para as aves ameazadas polo impacto de liñas de alta tensión.

Na resolución do Diario Oficial de Galicia (DOG), inclúense tamén unha vintena de especies a protexer, entre elas o milano real, a cerceta común, a aguia real, a aguia pescadora, a perdiz pardilla, o sisón común, a cigüeñuela común, a ave fría europea ou o bufo real, entre outras.

En concreto, segundo o publicado no DOG, actualízase a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no catálogo galego de especies ameazadas.

Tamén as zonas de protección existentes na comunidade autónoma "nas que serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión".

Entre outras cuestións, lembra, sobre as zonas de especial de protección para as aves, que, en caso de calquera discrepancia entre a cartografía da presente resolución e a dos límites aprobados, prevalecerán os límites establecidos na declaración destas zonas de especial protección para as aves.

Instalación de fibra óptica en liñas de alta tensión. ENDESA - Arquivo
Instalación de fibra óptica en liñas de alta tensión. ENDESA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta