Por E.P. | A CORUÑA | 28/10/2021 | Actualizada ás 18:59
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciou con representantes municipais unha rolda de contactos co fin de impulsar o futuro plan reitor de uso e xestión do parque natural dos bosques do Eume, "un documento que marcará as pautas a seguir para orientar o desenvolvemento económico, turístico e ambiental deste espazo", informa.
Con este obxectivo, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, convocaron a representantes municipais da Capela, As Pontes, Cabanas, Monfero e Pontedeume, a unha primeira reunión.
O encontro buscou, segundo a Administración autonómica, "trazar a liña de traballo a seguir e recadar toda aquela información de interese dos seus concellos que poida ser útilen a elaboración do plan".
Un proceso no que Belén do Campo pediu a colaboración do rexedores para poder obter o documento "máis completo posible".Neste sentido, durante a reunión, expuxéronse as liñas mestras dos obxectivos a seguir.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.