Compostela celebra o Día de Mortos cun escaparate de caveiras "alegres" ao estilo mexicano

O Mercado Galego da Creatividade, en Santiago de Compostela, acolle hoxe e mañá esta iniciativa "vivente" da artista galego-mexicana Galicia Fornos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/10/2021 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

Baixo a lema "Aquí calaverizamos por encargo" a artista galego-mexicana Patricia Fornos presenta o seu Escaparate Vivente, a proposta que presidirá en Santiago de Compostela un altar do Día de Mortos e que incluirá unha liña de produtos en edición especial que homenaxea a Rosalía de Castro. Terá lugar hoxe e mañá día 30 entre as cinco e as sete da tarde no Mercado Galego da Creatividade.

Caveira da serie 'Calaveras y Flores' de Patricia Fornos.
Caveira da serie 'Calaveras y Flores' de Patricia Fornos. | Fonte: Misscolibri.com

A proposta enmárcase dentro da exposición "Perfectamente imperfectas", inaugurada o pasado día 26 e que pode visitarse até o día 6. Nela, a artista aborda o universo feminino a través de diferentes teimas como as emocións, os amores ou as loitas.

Patricia Fornos, tamén coñecida como a "artista das caveiras", é unha artista nada en México pero de raíces galegas que dende o 2014 traballa enchendo espazos culturais de Madrid, Vigo, Xenebra, USA e México con caveiras "inquietas, alegres e libres" que nunca quixo que foran "comúns" senón que destacaran "pola súa mirada pícara e viva".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta