Xunta e Concello de Toén estudan a creación do Centro de Formación para o Servizo de Prevención de Incendios

O goberno galego trasladou ao goberno local da disposición da Consellería de Sanidade para estudar posibles actuacións que melloren a accesibilidade ao centro de saúde deste municipio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2021 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, mantivo este martes un encontro co alcalde de Toén, Ricardo González, no que abordaron, entre outras cuestións, a evolución do Centro Integral de Formación para o Servizo de Prevención e Extinción de Incendios.

Segundo informaron fontes do goberno autonómico, este centro conta cunha asignación prevista de 3,5 millóns de euros, dos que xa está comprometido o 70 % para diversas actuacións que deberán estar terminadas en 2022.

Ademais, Núñez Feijóo tamén trasladou ao alcalde a disposición da Consellería de Sanidade para estudar posibles actuacións que melloren a accesibilidade ao centro de saúde deste municipio.

Así mesmo, o titular do Executivo galego ha azanzado que, en próximas datas, realizaranse melloras no centro de día, como o pintado de paredes interiores e a colocación de vinilos nas xanelas.

Presidente galego e rexedor reafirmaron, por outra banda, o seu compromiso de colaborar para levar adiante o proxecto de urbanización para parque municipal no núcleo rural de Moreiras, así como para a construción dun novo campo de fútbol na Gradeira.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantén un encontro co alcalde de Toén (Ourense), Ricardo González, en San Caetano.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantén un encontro co alcalde de Toén (Ourense), Ricardo González, en San Caetano.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta