Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/11/2021 | Actualizada ás 19:36
O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela decretou a apertura de xuízo oral contra o fundador de Blusens, José Ramón García, e outros oito acusados por un delito contra a propiedade intelectual polo caso do seu receptor que facilitaba o acceso a contido 'pirata'.
Nun auto, a Fiscalía pide un ano de cárcere e unha multa de máis de 3.200 euros --nove meses con cota de 12 euros ao día-- para o fundador de Blusens, a mesma petición que reclama o para outro catro acusados. Ademais, para os catro restantes encasuados, o Ministerio público rebaixa a pena de cárcere a nove meses pero mantén a mesma solicitude de multa.
En concepto de responsabilidade civil, os acusados, tanto persoas físicas como xurídicas, deberán facer fronte a unha indemnización de 1,2 millóns. A mesma contía que a Fiscalía pide que se lle impoña como multa polo beneficio obtido ás persoas xurídicas ('Blusens Technology, S.L', 'Magna Technology, S.L', 'Amazing Store Investiments', 'Moonoff, S.L', e 'Tendeus, S.L'). Ademais, para elas tamén reclama a prohibición de realizar, no prazo de cinco anos, actividades en cuxo exercicio se cometeron os delitos antes indicados.
Pola súa banda, as acusacións particulares, que exercen representantes legais das empresas prexudicadas, centran as súas acusacións no fundador de Blusens e outros catro acusados, mentres que non proseguen as súas actuacións contra as outras catro persoas contempladas pola Fiscalía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.