Confirmada a absolución para o home que chamou "maricona de merda" a outro en Lobios

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso contra a sentenza absolutoria emitida pola Audiencia Provincial de Ourense

Por E.P. | OURENSE | 22/11/2024 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso contra a sentenza absolutoria dun home que chamou "maricona de merda" a outro nun supermercado de Lobios e confirmou esa absolución.

En maio de 2024 a sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense acordou absolver a este acusado por un suposto delito de odio, ao entender que, aínda que a forma en que se dirixiu ao denunciante era "moralmente reprobable", non se podía acreditar que actuase por un motivo de odio cara ao outro home e cara ao colectivo de persoas homosexuais.

A acusación presentou recurso de apelación ante o TSXG, pero o alto tribunal galego sinalou que non pode facer unha nova valoración da proba e que, en todo caso, o apelante reclama unha condena, non unha anulación de sentenza, extremo que non se pode aceptar.

O TSXG expón na súa resolución que a expresión proferida polo acusado non pode entenderse como unha manifestación de liberdade de expresión, pero tampouco como un discurso descalificante nin de odio. Por iso, acordou desestimar o recurso de apelación e confirmar a sentenza absolutoria.

Sede do TSXG
Sede do TSXG | Fonte: Xunta - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta