O novo álbum de Lucía Aldao estréase cunha canción inspirada na apertura do Faro de Oza á cidadanía coruñesa

Publicarase o 10 de novembro en todas as plataformas dixitais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/11/2021 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O primeiro proxecto musical en solitaro de Lucía Aldao está a piques de chegar e chámase "Pava". O adianto do álbum da poeta coruñesa será o sinxelo "A do faro": unha canción que se publicará o día 10 de novembro en todas as plataformas dixitais e que está inspirada na apertura do Faro de Oza á cidadanía coruñesa e canta, por extensión, "a todo aquilo que está nas mans de quen o coida".

Lucía Aldao.
Lucía Aldao. | Fonte: Cultura.gal

Xunto co resto do álbum, gravouse en Berlín con Diego Delgado aos mandos da produción e do deseño. O videoclip presentarase en exclusiva para Youtube o día 9 de novembro ás 20:00 e está gravado na contorna do Faro de Oza.

Lucía Aldao é unha poeta coruñesa nada en 1982 que leva máis de 20 anos dedicándose de maneira profesional ao mundo da poesía escénica, da música e do humor. 

 

En 2005 xúntase coa tamén poeta María Lado, e a día de hoxe continúan ofrecendo os seus espectáculos en distintos escenarios de Galicia e máis alá das súas fronteiras. Xuntas son  aldaolado, "o irreverente dúo poético que mestura a poesía co humor e a música nun exercicio de comunicación directa co espectador".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta