O fillo de Xela Arias inaugura un simposio da RAG sobre a escritora

Abrirá a xornada do xoves 15, que se mergullará na vida e obra de Arias con música e poesía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2021 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

Darío Gil, fillo de Xela Arias, abrirá este xoves, día 11, o simposio que a Real Academia Galega (RAG) lle dedica no mes de novembro á protagonista do Día das Letras Galegas 2021.

Será, segundo informa a institución académica, unha tarde centrada "na vida e o compromiso social e cultural da homenaxeada" e que contará con achegas da profesora da Universidade de Vigo Ana Iglesis as e a escritora Marga do Val, amigas persoais da autora. A xornada terminará cunhas palabras do académico Darío Xohán Cabana dedicadas a Xela Arias e un recital poético ao que se sumarán Emma Pedreira e Doures Tembrás, xunto a Darío Gil Arias, Yolanda Castaño e Marga do Val.

O simposio 'Xela Arias' continuará os días 18 e 25 de novembro na sede a institución académica, a partir das 18,00 horas. A entrada é libre e as sesións poderán seguirse tamén a través de academia.gal e da canle de Youtube da RAG. As tres xornadas, explica a institución académica, concibíronse como "un punto de encontro para profundar na análise da escritura, a tradución e o labor de edición da autora e tamén para gozar da súa creación a través da palabra recitada, a música, cunha actuación a cargo da Banda da Loba, e o audiovisual, coa presentación de sériea web documental Xela Arias".

Xela Arias / RAG. / Europa Press
Xela Arias / RAG. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta