Rescatan a un percebeiro tras caer a unhas rocas en Malpica de Bergantiños

Un helicóptero localizou ao ferido e trasladouno ata o aeroporto de Alvedro, desde onde foi evacuado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Un percebeiro foi rescatado tras resultar ferido ao caer nunhas rocas mentres faenaba nunha zona de cantiis nas Illas Sisargas, en Malpica de Bergantiños.

Un compañeiro do ferido viu aviso ao 112 Galicia e sinalou que se atopaban nunha zona de difícil acceso por terra. A central de Emerxencias informou do ocorrido ao 061, a Salvamento Marítimo, á Garda Civil e á Policía Local de Malpica.

Unha vez que o helicóptero localizou ao ferido trasladouno ata o aeroporto de Alvedro, na Coruña, desde onde foi evacuado polos servizos sanitarios ata o centro hospitalario de referencia.

Percebeiros
Percebeiros | Fonte: Gabriel González - Wikimedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta