Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 14:05
O concurso Fran Pérez 'Narf' para grupos e artistas musicais celebrará o seu final este domingo ás 19,30 no Teatro Colón da Coruña. O gañador deste premio coñecerase durante unha gala aberta ao público e que tamén se poderá seguir en directo a través da canle de Youtube de Cultura da Deputación da Coruña.
No acto participarán o cinco bandas finalistas: Pena, Tandub, Sleepy Spice, Elba e Secho; ademais, contará con Grande Amore como grupo invitado. A gala estará dirixida pola xornalista Nieves Rodríguez.
A finalidade do concurso Fran Pérez 'Narf' é apoiar e promocionar a grupos e artistas das distintas comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir a figura e obra do músico e compositor que lle dá nome. Entre os gañadores doutros anos atopamos a Caldo, Mounqup, Bala ou Familia Caamagno.
O xurado encargado de elixir os finalistas, e que decidirá durante a gala ao gañador, está formado pola responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, como presidente; a cantante Uxía; os xornalistas Carlos Crespo, María Yáñez e Teresa Cuíñas; e o crítico musical Pepe Cunha. Como actividade paralela ao premio, este sábado celébranse unha serie de charlas na sala Juanjo Galo da Deputación da Coruña dirixidas a grupos e artistas musicais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.