Por E.P. | A CORUÑA | 23/11/2021 | Actualizada ás 20:39
O Colexio de Farmacéuticos da Coruña convocou a vixésimosegunda edición do seu premio xornalístico Albarelo que esgotará o seu prazo de presentación de traballos o 3 de xaneiro, segundo informa.
Poderán optar ao premio todos os traballos xornalísticos difundidos por primeira vez entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro. Admitiranse traballos publicados ou emitidos nos medios de comunicación de ámbito galego ou nacional tanto escritos, soporte papel ou dixital, como radiofónicos ou audiovisuais.
Inclúense expresamente os referidos a xéneros como fotoperiodismo, viñeta xornalística ou infografía. O traballo deberá estar relacionado co ámbito sanitario e, especialmente, con calquera das facetas do traballo profesional do farmacéutico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.