Un estudo desvela o estilo de música preferido polos fetos

Unha clínica de Barcelona analizou as reaccións de centos de fetos a distintos xéneros musicais para estudar as súas reaccións físicas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O fútbol, unha desas paixóns tan inevitables como a polémica que en ocasións carrexa: dos trunfos do Superdépor ás acusacións de opio do pobo, da gloria deportiva de moitos xogadores á xustificación do 'todo vale' coa súa vida privada --non por nada foi esta semana o cabonado na morte de Diego Maradona--. En calquera caso, a febre dos 11 contra 11 non parece ter visos de desaparecer a medio prazo; e, o que é máis, podería xurdir mesmo antes do nacemento.

Feto humano
Feto humano | Fonte: LVE

Esa é a conclusión dun estudo desenvolto polo Institut Marquès de Barcelona, unha clínica de reprodución asistida que, ante a tendencia de cada vez máis embarazadas a poñerlle música aos seus fetos a través dun altofalante vaxinal, decidiu analizar as reaccións dos fetos aos diferentes tipos de voces e de música para descubrir cales conseguen unha maior estimulación. 

As solicitudes de moitas parellas foron dirixidas a coñecer as reaccións dos seus fetos aos himnos dos seus equipos de fútbol preferidos. O estudo, que tomou en consideración centos de mulleres con entre 20 e 30 semanas de xestación, deu como conclusión que o 85% dos fetos se activaban ao escoitar a música: "o 60% realizan movementos da boca e da lingua e o 8% reaccionan cunha protrusión da lingua", explican dende a institución.

A MÚSICA CLÁSICA, PREFERIDA

A conclusión máis clara, segundo o estudo do Institut Marquès, é que os himnos futbolísticos, en comparación con outros estilos musicais, estimulan a comunicación no feto, se ben "en menor grao que a música clásica e a tradicional". "Responden de similar maneira que coa audición de música moderna", puntualizan.

De acordo coas conclusións do mesmo estudo, o estilo musical que provocou que unha porcentaxe máis alta de fetos movese a boca foi a música clásica (84%), seguido da tradicional (79%), situando o pop-rock en terceiro lugar (59%). En canto aos fetos que sacaron a lingua (protrusión), de novo a música clásica foi o estilo que conseguiu unha porcentaxe máis elevada (35%), por diante da tradicional (20%) e o pop-rock (15%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta