Un xulgado aplica por primeira vez en Galicia o novo criterio do TC respecto ás plusvalías

Condena o Concello de Sanxenxo a devolverlle ao veciño recorrente a cantidade que, no seu caso, abonase en execución da liquidación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra emitiu a primeira sentenza de Galicia na que aplica o novo criterio do Tribunal Constitucional respecto ao imposto de plusvalía. Na resolución, con data de este xoves, contra a que non cabe presentar recurso, o maxistrado considera "claros e indubitados" os efectos do fallo do Tribunal Constitucional do pasado 26 de outubro sobre o tributo.

Así, destaca que todas as liquidacións do imposto recorridas en prazo e anteriores ao 10 de novembro de 2021 deben declararse nulas de pleno dereito. Ademais, subliña que esa nulidade se produce "con independencia e á marxe de que entre as dúas transmisións do inmoble se produciu un aumento ou unha diminución do seu valor".

O xuíz destaca que, tal como concluíu o Tribunal Constitucional, o sistema de determinación da base impoñible do tributo, regulado no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLHL), era, na súa orixe, "incorrecto e inconstitucional". Por iso, eximiu un veciño de abonar 660 euros ao Concello de Sanxenxo polo Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana --plusvalía-- debido á transmisión dun inmoble realizada en maio de 2013.

Desta forma, condena o Concello de Sanxenxo a devolverlle ao recorrente a cantidade que, no seu caso, abonase en execución desa liquidación.

Arquivo - Varias persoas gozan da praia de Sanxenxo, a 4 de xuño de 2021, en Sanxenxo, Pontevedra, Galicia, (España). O aumento das temperaturas e a progresiva mellora da situación epidemiolóxica colaborou en que os galegos comecen. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varias persoas gozan da praia de Sanxenxo, a 4 de xuño de 2021, en Sanxenxo, Pontevedra, Galicia, (España). O aumento das temperaturas e a progresiva mellora da situación epidemiolóxica colaborou en que os galegos comecen. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta