Por Galicia Confidencial | Ourense | 25/11/2021 | Actualizada ás 22:15
"Son Alex un bebe de 20 meses que ten unha enfermidade metabólica rara que me produce hipoglucemias cetósicas. Pídovos axuda para poder conseguir un cachorro de alerta médica que me vai a detectar as hipoglucemias 20 minutos antes de que se produzan", explica Carmen Maria Igresias Vazquez, en voz do menor, nunha campaña que puxo en marcha na plataforma GoFundMe.
O animal poderá avisar cun ladrido e así mellorará a calidade de vida e descanso do menor xa que o teñen que espertar cada tres horas para medirlle a glicosa. "Este sensor peludo fará que a miña vida sexa un pouco máis fácil xa que permitirá aos meus papás tomar as medidas de prevención antes de que me poña maliño e evitar unha situación de risco xa que hai ladridos que salvan vidas", agrega a autora da campaña.
Estes cans son preparados polafundación Canem de forma gratuíta a nenos con epilepsia e diabetes. "No caso de Alex, é outra enfermidade metabólica diferente e non o cobren as bolsas da fundación Canem, por iso pedimos a vosa colaboración", sentenza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.