Aprazado o concerto de Van Morrison na Coruña por motivos de saúde do cantante

A data da actuación era o 3 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/11/2021 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O concerto que Van Morrison ía ofrecer o 3 de decembro no Coliseum da Coruña aprázase por motivos de saúde do artista, segundo informa o Concello, que explica que así lle foi comunicado pola axencia de representación do cantante de Belfast (Irlanda do Norte).

Van Morrison
Van Morrison | Fonte: ARTSIEGEL (CC BY-SA 4.0) - Europa Press.

Esta indisposición obriga a suspender as últimas dúas actuacións da xira de Van Morrison para este ano: a do día 1 de decembro en Madrid e a do día 3 na Coruña. O seu concerto será reprogramado nos primeiros meses do próximo ano no Coliseum.

As persoas que sexan posuidoras dunha entrada para a actuación do venres poderán acceder ao recinto nesa nova data sen necesidade de facer trámite algún. As que prefiran solicitar a devolución do importe do billete poderán facelo a través da súa canle de compra.

ACTUACIÓN DE FITO & FITIPALDIS

Por outra banda, están á venda as entradas para o segundo concerto que Fito & Fitipaldis ofrecerá na cidade da Coruña en marzo do próximo ano.

Segundo explica o consistorio, "ante a boa resposta do público pola primeira actuación xa programada, activouse unha segunda data, tamén no Coliseum, da xira 'Cada vez cadáver Tour'. Esta nova xira comezará o 12 de marzo do próximo ano e chegará a 21 cidades de todo o país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta