Por E.P. | Ferrol | 30/11/2021 | Actualizada ás 16:23
Dous traballos de profesionais do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) foron distinguidos pola Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía.
Segundo informou a área Sanitaria de Ferrol, por unha banda foi concedido o premio á mellor comunicación oral á investigación 'Maduración cervical con protaglandinas. A nosa experiencia comparada dinoprostona fronte a misoprostol' e, por outra, levouse galardón a mellor comunicación tipo póster o estudo 'Cribado prenatal de Cromosomopatías. Control de calidade en 3.392 embarazos'.
A primeira tiña por obxectivo comparar a eficacia de dous medicamentos que se empregan para a indución ao parto. Así, realizouse un estudo retrospectivo de partos que se produciron entre 2018 e 2020, empregando algunha desas dúas opcións un total de 508.
Cos datos do estudo, explican as mesmas fontes sanitarias, concluíron que ambas as prostaglandinas "conseguen unha taxa de inicio de parto semellante". Iso, engaden, "avala o feito de continuar co emprego de ambas as dúas segundo as características clínicas da persoa".
Por outra banda, o premio á comunicación tipo póster premiou o control de calidade que se realiza no cribado prenatal de cromosomopatías. O obxectivo deste estudo foi analizar os resultados obtidos nun cribado do 1 de xaneiro de 2017 a 31 de decembro de 2020, revisando o proceder en cada un dos 3.392 embarazados "para comprobar, como un control de calidade extra, se se realizase todo dentro dos parámetros adecuado e revisando as posibles desviacións". Respecto diso, por parte da área sanitaria destácase que o resultado "é a incorporación e matizacións de axustes en parámetros que melloran aínda máis este cribado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.