Javier Castrillo foi o sanitario que máis se opuxo ao peche do paridoiro de Verín que se faría efectivo o 1 de decembro de 2019. Segundo o facultativo, un intercambio de pareceres entre unha pediatra e el sobre a situación dun neonato foi o motivo polo que cre se lle abriu un expediente. Dito documento ábrese un ano despois dos sucesos e con declaracións da pediatra indicando que lle pediran desde a xerencia de Ourense asinar contra Castrillo. Feijóo nega "caza de bruxas" e di que foi froito da denuncia doutra compañeira.