Gonzalo Caballero fala de "represalia política" contra o xefe de Xinecoloxía de Verín, que medita recorrer aos xulgados

O PSdeG traslada o seu apoio a Javier Castrillo, sancionado a dous días de emprego e soldo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/07/2021 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, censurou a "represalia" que, di, practicou a Xunta contra o xefe de servizo de Xinecoloxía de Verín, Javier Castrillo, quen sancionou a dous días de emprego e soldo por un altercado cunha compañeira pediatra.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto ao xefe de Xinecoloxía do hospital de Verín, Javier Castrillo, ás portas do centro
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto ao xefe de Xinecoloxía do hospital de Verín, Javier Castrillo, ás portas do centro | Fonte: PSdeG.

Este xoves, o responsable socialista desprazouse a Verín para trasladar o seu apoio ao que foi unha das caras visibles do conflito polo peche do paritorio do hospital comarcal de Verín.

Os feitos que motivan o expediente --notificado esta mesma semaman-- parten do enfrontamento de Castrillo cunha compañeira pediatra e remóntanse a finais de 2019, xusto antes de que se fixese efectivo o polémico peche do paritorio comarcal, posteriormente reaberto pola Xunta.

En concreto, a actuación pola que se lle incoou o expediente remóntase ao 30 de novembro dese ano, xornada na que naceu o que, en principio, estaba chamado a ser o último neno que nacería no centro sanitario comarcal.

Segundo a Xunta, Castrillo faltou á consideración á súa compañeira cando esta quixo trasladar ao recentemente nado ao CHUO e o facultativo solicitoulle aos pais o motivo de tal traslado.

Castrillo defende que "non constitúe delito pedirlle a un compañeiro que dea información aos pais dun paciente" e avanzou que estudará recorrer á vía xudicial no caso de que a Consellería de Sanidade non levante a sanción.

"UNHA REPRESALIA POLÍTICA"

Este xoves, Gonzalo Caballero cualificou a sanción de "absolutamente inxusta" e "unha represalia política" ademais dunha "afronta aberta contra os profesionais e os defensores da sanidade pública". Para Caballero, "a Xunta non quere envainarse toda a súa falta de compromiso coa sanidade pública e quere manter a mínima sanción inadmisible".

Neste sentido, considerou o "ataque" contra Castrillo como "unha represalia á liberdade e ao dereito da cidadanía de defender o público e aos galegos e galegas" que queren "unha sanidade pública de primeira".

Por iso, instou o presidente da Xunta a que "cese inmediatamente" a calquera membro da Consellería de Sanidade que manteña unha sanción "que é unha farsa", á vez que abandone esta "batalla absurda" e "deixe as escusas" para "non recoñecer que o intento de peche do paritorio foi un ataque á sanidade pública".

"Foron os profesionais da sanidade pública, o pobo de Verín e toda Galicia os que fixeron frear á Xunta de Galicia no intento de desmantelamento do hospital comarcal", esgrimiu Caballero antes de felicitar a Castrillo por "o seu traballo e compromiso".

"NON É XUSTIZA, É CASTIGO"

Pola súa banda, o xefe de XinecoloXía do Hospital de Verín, Javier Castrillo, subliñou que o que fixo a Xunta de Galicia co seu expediente "non é de xustiza, é un castigo".

Asegura que "non lle faltou ao respecto" a ningunha compañeira. "Só lle preguntei a unha pediatra por que separaba a un recén nado da súa nai", rememorou para pór de relevo que "as persoas que promoven a sanción si que me faltaron ao respecto dicindo nun auditorio cheo de xente que o paritorio se pechaba pola perda de pericia dos profesionais".

Neste sentido, sostivo que "só realizou" o seu traballo e que "iso lle supuxo algún obstáculo na execución" dos "plans" da Administración autonómica e que aí radica o motivo do seu expediente.

"Esta é a miña opinión persoal, creo que o Sergas considera que é un luxo para unha comarca que non se merece este hospital. Penso que consideran que os recursos que se invisten aquí a poboación non llos merece", espetou.

Por todo iso, o xinecólogo verinés manifestou que non se vai quedar "quedo", porque considera que a sanción "é inxusta" independentemente da súa duración. "Sexa por dous días ou por dous minutos, se o conselleiro de Sanidade non rectifica acudirei á xustiza para defenderme", sentenciou

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Dous días de suspensión agora chámase "represalia política" ? As sancións pódense RECURRIR e tamén gañalas no tribunais ! Pero xa sabemos que o PSOE ata os cans con longanizas ! Por iso os médicos siguen atendendo vía telefónica en toda Galicia e diso ninguén fala ! Vergoña !!!