Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/06/2023 | Actualizada ás 20:13
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia que a Unidade de Xinecoloxía deste hospital de Santiago está "desbordada". Así, nun comunicado asegura que recibiu escrito de demanda de medios humanos e materiais dos 29 profesionais sanitarios desta unidade no que din estar "desbordados por ter que atender na planta 2ºC a pacientes de 15 especilidades distintas".
Tamén sinala que remitiron cadro da presión asistencial da unidade e das incidencias producidas entre o 13 de marzo e o 29 de maio. "Dada a gravidade do que se describe a Asociación de Pacientes acordou facelo público e demandar que por parte dos responsables sanitarios da xerencia se poña fin a esta situación e se doten os medios imprescindible propios dunha sanidade pública digna e de calidade", indica nun comunicado
"Situacións como esta deixan sempre vítimas que pedecen en silencio as consecuencias dunha infradotación de medios e dunha mala calidade asistencial", conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.