Dispáranse as listas de agarda no Servizo de Xinecoloxía do CHUS

O colectivo querEndo denuncia que hai mulleres con problemas de endeometrose que teñen ata dez meses de agarda.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/02/2019 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

O colectivo querEndo denuncia que nos hospitais galegos están “disparadas” as listas de espera de xinecoloxía, especialmente, no CHUS, en Santiago. “Xinecoloxía é de sempre unha especialidade con listas de agarda bastante avultadas, pero nos últimos tempos o que está a pasar no Servizo do CHUS fai saltar todas as alertas”, denuncian.

Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario
Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario | Fonte: Asociación de Usuarios do CHUS.

A través dun comunicado,  suliña que citas de control e probas que se deberían estar dando para o mes de maio de 2019 estanse dando para marzo de 2020, é dicir máis de dez meses.”Á asociación chámannos mulleres que queren permanecer no anonimato por temor a algún tipo de represalia e a que a cita aínda se atrase máis, pedíndonos que interveñamos e fagamos as queixas por elas pero sen datos da paciente as queixas que poidamos facer na xerencia ou en atención ao paciente van ao caldeiro do lixo”, indica.

Estas queixas son maiores enntre o colectivo de mulleres con endometriose. QuerENDO destaca que, ao se tratar de unha doenza crónica as mulleres que padecen esta doenza teñen con frecuencia que acudir a revisións e probas tal e como xa recolleu Galicia Confidencial nunha ampla reportaxe. “E cando estas non se dan acaban saturando as urxencias porque o seguimento dos tratamentos e da evolución da doenza son fundamentais para previr agravamentos”, engade.

DIFERENTES PROBLEMAS

Ademais, lembra que o CHUS, en contra do que xa fixeron o Álvaro Cunqueiro en Vigo, o Chou en Ourense ou o CHUAC da Coruña carece de consultas específicas de endometriose co cal estas mulleres que precisan revisións con máis frecuencia “vense abocadas a compartir os mesmos tempos de espera de mulleres sen patoloxías concretas que van facer revisións xinecolóxicas de control porque comparten os mesmos profesionais de atención e as mesmas listas de espera”.

Neste sentido, indica que medidas como a de que as citoloxías pasasen a facelas as matronas non están tendo os resultados esperados de desafogo desas listas de espera porque “Galicia é tamén a comunidade con peor ratio matrona/Nº de pacientes”.

D:\Usuario\Desktop\Captura_citas-nomescubertos.jpeg

Por iso, este colectivo demanda que se creen as consultas específicas de endometriose no CHUS, e no Lucus Augusti; que se cree unha unidade multidisciplinar en Galicia para endometriose e que se faga un plan de choque para acurtar estes tempos de espera que xogan a medio prazo en contra da eficiencia do sistema sanitario ao crear peores seguimentos e prognósticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta