11 novos ecógrafos na área Sanitaria de Santiago o que suporá unha axilización das consultas

Todos os hospitais galegos recibirán novos equipos dentro do proceso de renovación das tecnoloxías dos centros de saúde que leva a cabo a Xunta.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/08/2023 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza instalou 11 novos ecógrafos cun investimento de 900.000 euros. A Consellería de Sanidade explicou este venres que esta compra enmarcase no proceso de renovación desta tecnoloxía en todos os centros hospitalarios galegos, o que implica a adquisición de 58 novos ecógrafos cun investimento de 4 millóns de euros.

Segundo o departamento autonómico, a xerente da área sanitaria, Eloína Núñez, achegouse este xoves ao servizo de xinecología do Hospital Clínico para verificar a instalación destes equipos. Núñez sinalou que estas adquisicións "permitirán unha importante mellora na capacidade de resolución das consultas de xinecología e obstetricia, permitindo ampliar as consultas de alta resolución".

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) formalizou en xuño deste ano, por un importe total de 4,1 millóns de euros, os contratos coas empresas adxudicatarias da licitación deste material autorizada polo Consello da Xunta en decembro de 2022.

As contratacións realizadas achegaron novo equipamento de ecografía á totalidade dos hospitais da rede pública galega, incluíndo o sete hospitais comarcais, que recibiron todos polo menos un novo ecógrafo.

Enfermeiras posan cun ecógrafo
Enfermeiras posan cun ecógrafo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta