Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2021 | Actualizada ás 19:31
A Xunta demandou en Bruxelas a configuración dun sistema de etiquetaxe ecolóxica que inclúa os produtos pequeros, de acuicultura e marisqueiros.
Nese sentido algunhas das 19 emendas presentadas por Galicia no 147 pleno do Comité Europeo das Rexións, onde o Executivo galego estivo representado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.
Segundo informa a Xunta, unha das demandas presentadas no ditame sobre economía azul e acuicultura estivo centrado no sistema europeo de etiquetaxe ecolóxica. Así, o Goberno galego reclamou que tamén se aplique aos produtos do mar extraídos e comercializados conforme á normativa pesqueira comunitaria.
Outra das demandas foi a aposta pola enerxía oceánica para facela compatible coas actividades que levan a cabo na costa e respectuosa cos hábitats mariños. Para iso, a Xunta expón a creación dun marco normativo e financeiro acompañado dunha "simplificación dos procedementos de autorización e de acceso limitado ás augas nas que se desenvolven estas actividades económicas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.