Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/12/2021 | Actualizada ás 18:05
A conselleira de Política Social, Fabiola García, convidou este venres a toda a sociedade a "implicarse" activamente para superar o reto demográfico ao que se enfronta, "non só Galicia e España", senón "gran parte do continente europeo".
García interveu, mediante unha mensaxe gravada, no seminario do Plan Estratéxico de Gobernación do OCDE para o despoboamento rural nas Rexións do Suroeste Europeo (RESOE da Macrorrexión de rexións do Suroeste de Europa), que se celebrou na Fundación Comiñas, en Cantabria, baixo o título 'Preparando ás rexións para o cambio demográfico'.
A titular de Política Social expuxo no foro a Lei de impulso demográfico, "o instrumento legal en torno ao que Galicia articulou as diferentes medidas para frear a crise demográfica".
O departamento autonómico destacou que a normativa, a primeira aprobada en España, foi elaborada coa axuda de expertos, partidos políticos, sindicatos e asociacións diversas.
"A política demográfica para funcionar ten que perdurar", recalcou Fabiola García.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.