Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2021 | Actualizada ás 14:44
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, cualificou de "grave" que o máximo responsable do PSdeG, Valentín González Formoso, "premie" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, como presidenta do seu partido.
Nun comunicado, afirma que é un "moi mal comezo para o novo secretario xeral do PSdeG, que se converte en cómplice de corrupción do Concello de Vigo", sinala tras a sentenza que ratificou a condena a un funcionario do consistorio por promover o 'enchufe' dunha cuñada de Carmela Silva nunha subcontrata municipal.
Tellado afirma que, unha semana despois de que se fixese pública a sentenza, desde o PP seguen esperando "algunha explicación por parte da presidenta da Deputación de Pontevedra e por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero".
O secretario xeral do PP afirma que "O Pino é a Vigo o que Ferraz a Andalucía", indica sobre os casos xudiciais nesta autonomía e o nomeamento dalgúns dirixentes que sentaron no banco por eles.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.