Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2021 | Actualizada ás 13:59
Galicia confirmou os dous primeiros casos da variante ómicron da Covid-19, descuberta en Sudáfrica, detectados na área Sanitaria de Vigo, mentres que ten 10 en estudo. Así o anunciou este venres o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta, na que explicou que foi o servizo de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) o que confirmou estes dous casos.
O mandatario galego sinalou que "falta secuenciar 10 casos" para confirmar ou non esta variante ómicron. Segundo destacou Feijóo, "hai algún contacto con outras áreas" da persoa que tivo o primeiro positivo da mesma, procedente dunha viaxe a África.
O titular da Xunta espera que entre a tarde deste venres e a mañá deste sábado pódense ter os resultados que confirmen se os dez casos en estudo corresponden ou non á variante ómicron.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.