Oito emisoras de radio da Coruña unidas por un obxectivo benéfico

Este martes, no Salón Real do Pazo Municipal de María Pita, terá lugar a presentación da novena edición de A Radio Conta.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/12/2021 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Este martes, 14 de decembro, ás 10.30 horas presentarase en rolda de prensa a novena edición de A Radio Conta, un programa de radio que une oito emisoras locais da Coruña por un obxectivo benéfico.

Presentación do programa 'A Radio Conta'. CONCELLO DA CORUÑA
Presentación do programa 'A Radio Conta'. CONCELLO DA CORUÑA

Neste caso estará dedicado a Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña (APEM). Na presentación acompañaranos a alcaldesa da Coruña, Ines Rey e o acto terá lugar no Salón Real do Pazo Municipal de María Pita

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta