"Queremos un rural vivo", a veciñanza de Nemenzo únese contra a instalación dun novo vertedoiro

Piden ao Concello de Santiago que non autorice a instalación nin outorgue a licencia e, á Xunta, que "protexa os intereses, patrimonio e forma de vida da veciñanza".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/12/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

"O lixo non para de crecer e as empresas de residuos estanse facendo, descubriron que se pode cobrar por tratar os residuos sen facelo e por botalos en calquera burato dunha canteira esgotada sen construir un vertedoiro". Así se expresou a Asociación Campo do Monte de Nemenzo, que vén de informar so seu "total rexeitamento" á instalación dun "vertedeiro encuberto" de residuos na parroquia. Por iso, a asociación comezou unha recollida de sinaturas ao tempo que emprenderon un proceso de defensa legal.

Fiscalía denuncia por delito ambiental o vertedoiro de Miramontes e a planta de. PLATAFORMA DO VERTEDOIRO DE SANTIAGO
Fiscalía denuncia por delito ambiental o vertedoiro de Miramontes e a planta de. PLATAFORMA DO VERTEDOIRO DE SANTIAGO

 

O negocio que afecta a Nemenzo consistiría, explican dende a asociación, en conseguir unha finca calquera, aprobar un proxecto para tratar residuos e logo facer "pequenas modificacións que non esixen exposición pública e acabar convertendo ese lugar, e máis fincas da zona, en pequenos vertedoiros ilegais que afectan gravemente a veciñanza".

Segundo indican, a veciñanza de Nemenzo de forma "unánime" rexeita a instalación deste vertedoiro por considerar que suporía unha agresión ao medio que tería como consecuencia "a perda de valor e a transformación do noso territorio e forma de vida". Afirman sentirse desprotexidos e abandonados polas administracións e solicitan ao Concello de Santiago que non autorice a instalación nin outorgue licencia para a construción deste vertedeiro encuberto e, á Xunta, que "protexa os intereses, patrimonio e forma de vida da veciñanza de Nemenzo".

De feito, apuntan como principal problema que a Xunta "permite e aplaude" este tipo de xestións, ignorando o problema ou poñendo "paos na roda" aos colectivos denunciantes e con escasa ou nula inspección ambiental a estas empresas, iniciándose as primeiras inspección serias despois de moitas denuncias e queixas da veciñanza que sufre estas malas prácticas.

Fronte a iso, a veciñanza de Nemenzo "négase" á instalación deste negocio polas consecuencias que acarrea. Entre elas, destacan o deterioro da calidade de vida das persoas, o impacto no medio natural (con especial agresión ao monte autóctono), os inconvintes causados polo aumento do tráfico pesado ou a contaminación acústica. Ademais,  alertan de que a instalación desta planta de residuos restaríalle valor ás terras e bens inmóbeis: "Non queremos que as nosas propiedades e bens materiais e inmateriais perdan valor económico, simbólico ou afectivo. Queremos un rural vivo"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta