Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2021 | Actualizada ás 13:54
A Xunta anuncia a posta en marcha dunha plataforma pública para dar resposta ás chamadas perdidas. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha visita ao centro de saúde dos Mallos, onde detallou que o sistema, bautizado, CRM100 estará operativo nun principio en 40 centros de atención primaria, que se estenderá para o 2022 á totalidade dos centros de saúde galegos
O obxectivo da Xunta é resolver o 100% das chamadas perdidas ao servizo de rastrexo "en menos de dúas horas". Precisamente, a cuestión das chamadas non collidas forma parte dunhas das principais denunicias que asociacións e particulares veñen desenvolvendo a respecto do sistema de rastrexo de Galicia, que a administración autonómica decidiu externalizar nunha empresa privada cunha xestión que xerou dúbidas.
De acordo coa administración autonómica, o sistema está instalado xa en 35 centros de saúde, con resultados "moi bos", e esta mesma semana, entrará en funcionamento noutros cinco. Segundo destacou o consellieor, o centro de saúde dos Mallos recibiu a través desta plataforma tecnolóxica máis de 18.700 chamadas entrantes, o que supón unha media de 72 chamadas ao día, cun tempo medio de resposta inferior aos 25 minutos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.