Un refuxiado e defensor da paz en Colombia trasladará en Galicia a situación política do país

Javier Orozco Peñaranda, convidado polo PCG, estará en Cangas, Vigo e Compostela.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/12/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Será ata este xoves 16 de decembro cando Javier Orozco Peñaranda, defensor dos Dereitos Humanos e loitador pola paz en Colombia, visite Galicia nunha xira na que trasladará a distintos colectivos unha análise sobre a situación política actual do seu país de orixe.

Javier Orozco Peñaranda, defensor dos Dereiros Humanos en Colombia.
Javier Orozco Peñaranda, defensor dos Dereiros Humanos en Colombia. | Fonte: PCG

Así, e convidado polo Partido Comunista de Galicia, estará en Cangas, Vigo e Compostela para reunirse con asociacións de solidariedade internacional, partidos políticos e grupos municipais preocupados polo proceso de paz colombiano e a xustiza social internacional.

Javier Orozco Peñaranda é técnico de verificación do estado de cumprimento dos Dereitos Humanos en Colombia, ademais de director do ‘Programa Asturiano de Atención a Víctimas de la Violencia en Colombia’.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta