Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/12/2021 | Actualizada ás 18:11
Representantes sindicais da CIG mobilizáronse, ante a Delegación do Goberno en Galicia, para esixir un marco enerxético "xusto" para a industria e unha tarifa eléctrica galega. Na protesta, participaron delegados e delegadas da central en Alcoa, XEAL, Ferroatlántica, Megasa, Celsa Atlantic e AluIbérica, entre outros.
Para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, a "alza imparable" do prezo da luz, xunto a "a falta de políticas públicas que garantan o dereito á enerxía como un ben básico" están detrás dos problemas, xunto a un estatuto electrointensivo "insuficiente".
Carril sostivo que a CIG foi a primeira organización que presentou unha proposta con seis medidas para a creación dunha tarifa eléctrica para a industria electrointensiva. "Moitas das nosas propostas seguen sendo plenamente válidas e adecuadas e, de feito, algunhas delas foron asumidas polos gobernos, pero de maneira moi parcial". "Por esta razón, temos que seguir reivindicando a urxencia na aprobación desas medidas, xa que cada día que pasa camiñamos a unha crise máis profunda", advertiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.