Delegados da CIG concentráronse este xoves ante o Concello de Vigo como protesta polas trabas do goberno municipal á instalación dun monumento conmemorativo, sufragado polo sindicato, das loitas obreiras de 1972.
A organización indicou que o Executivo central pretende establecer en 63 anos a xubilación parcial “cando existe o triplo de desemprego xuvenil” e denunciou que isto supón unha prolongación da vida laboral en situacións que chegan a ser “insalubres, tóxicas, perigosas ou penosas”.
  comenta   0
A mobilización central será na Coruña contra "o roubo e saqueo", nun contexto no que un terzo dos asalariados non chega ao salario mínimo.
  comenta   0
Preto dun cento de persoas concentráronse desde as 19.00 horas deste xoves en Ferrol para reclamar o indulto para o exsindicalista Xesus Anxo López Pintos nunha mobilización convocada polas organizacións CIG, CCOO, CGT e UGT e que se desenvolveu ante o edificio da Xunta, na praza de España.
  comenta   0
"Hai que ter en conta que máis do 50 % das familias están na pobreza e que o 26,5 % das persoas traballadoras están na pobreza ou en risco da pobreza e todo como consecuencia, como digo, da reforma laboral que nace de manter vixente a reforma laboral de 2012, aínda que se lle suma á carestía de vida que vivimos neste momento", lamentou o portavoz da CIG, Paulo Carril.
  comenta   0
"Hoxe máis do 52 % das familias pobres teñen emprego, é o que evidencia o resultado onde as estatísticas cambian os datos, pero non poden ocultar unha crecente precariedade como se ve nun incremento en máis de 125 % dos contratos a tempo parcial ou fixos descontinuos", lamentou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril
  comenta   0
Será o 23 de novembro durante catro horas e demandaranse solucións "concretas" á situación que atravesa o concello tras o peche da central térmica e o ERE anunciado para Einsa Print.
  comenta   0
Néstor Rego, considera "completamente inxustificable" este feito, que considera "un claro veto por parte do Ministerio"
  comenta   0
Pablo Fragoso, o afectado, ve no fallo "unha demostración máis" de que España "persegue" a sindicalistas "a través da súa xustiza e os seus xuíces".
  comenta   0
Critica que 2021 e 2022 "quedan sen solución" en materia de salarios, que se establece "un tope" á revisión e que "non xera atrasos".
  comenta   0
A mobilización celebrarase dous días antes da data límite para que os proxectos reciban a autorización administrativa da Xunta
  comenta   0
Carga contra "a perversidade" dun cambio que se quere presentar como "neutro" pero "dá un golpe de graza" aos máis novos
  comenta   0
Denunciou que, ao peche de 2022, a pensión media en Galicia estaba en 930 euros mensuais, 150 euros por baixo do Salario Mínimo Interprofesional
  comenta   1
Di que un 35% dos asalariados cobra menos do soldo mínimo. Entre as súas reivindicacións na negociación colectiva tamén figura a cláusula de garantía vinculada ao IPC.
  comenta   0
Estaban convocadas ao paro as fábricas de Cee e Dumbría e as centrais hidroeléctricas, para conseguir que a empresa se abra a negociar un convenio colectivo propio
  comenta   0
Reclama tanto ao Goberno central como á Xunta políticas públicas de intervención da economía en sectores estratéxicos como o financeiro e o enerxético
  comenta   0
Demanda a creación dunha tarifa eléctrica galega ou a inclusión en todos os convenios colectivos dunha cláusula de revisión salarial co IPC interanual para afrontar a actual situación.
Só UGT e CCOO consiguen acordo para compartir mobilización en certas cidades. A CIG optará unha marcha en solitario centrada na área de Vigo. Todas as formacións reclaman melloras salariais fronte á espiral inflacionista.
  comenta   0
Operarios de empresas auxiliares secundan un paro ante a factoría para esixir á dirección que se reúna cos sindicatos. O obxectivo é revisar os protocolos para evitar que se repitan accidentes coma o do pasado sábado. Dende a CIG xa adiantaron que as mobilizacións seguirán adiante no curto prazo.
  comenta   0
Tal como indicou a organización sindical nun comunicado, con estes recoñecementos pretende visibilizar o valor da mobilización para o avance dos dereitos e para a mellora das condicións de vida dos traballadores.
  comenta   0