A CIG denuncia o "apartheid" de Rueda ao "primeiro" sindicato en Galicia ao reunirse só cos que "lle fan a onda"

Delegados da CIG maniféstanse en Santiago para reclamar medidas ante a inflación e un aumento de salarios

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2022 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, denunciou o "apartheid" que sofre "a primeira central sindical" en Galicia por parte da Xunta, xa que o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, "só se quere reunir, igual que facía Feijóo, con aqueles sindicatos que lle fan a onda ou que, en todo caso, parecen comulgar coas súas políticas".

En declaracións este mércores con motivo dunha manifestación de delegados da CIG polas rúas de Santiago, Carril cargou contra o "desprezo que se está dando non á CIG, senón por centos de miles de traballadores de Galicia e que reproduce a política do apartheid", despois de que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, se reunira o pasado martes só con representantes de UGT, CC.OO. e patronal galega no marco do diálogo social.

De tal forma, avisa da CIG tomará "as medidas oportunas" en función da actuación da Xunta, xa que lamenta que "o desprezo" e "o sectarismo de Rueda siga prevalecendo". O líder da CIG censura como "unha falta de respecto institucional" que non se convoque ao diálogo social a "a primeira central sindical de Galicia", o "primeiro sindicato de representación nas empresas" e o que "ten máis delegados sindicais".

Nesta liña, Carril reproba que "o señor Rueda representa o peor das políticas do PP, non só porque estivo no goberno estes anos, senón porque é fiel herdeiro e escudeiro de Feijóo". "Alá cada quen que vai cando Rueda os convoca", agrega.

Delegados da CIG maniféstanse en Santiago para reclamar medidas ante a inflación e un aumento de salarios. CIG
Delegados da CIG maniféstanse en Santiago para reclamar medidas ante a inflación e un aumento de salarios. CIG | Fonte: Europa Press

MANIFESTACIÓN

Delegados da CIG manifestáronse en Santiago na mañá deste mércores para reclamar medidas ao Goberno central e Xunta que fagan fronte á elevada inflación, así como que se incrementen os salarios de forma acorde coa "carestía" do nivel de vida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta