1 de 28390 en Economía seguinte

Damnificados pola DINA de Valencia buscan a seu coche de ocasión en Expourense

Fano aproveitando o '15º Salón do Automóbil-Vehículo de Ocasión', evento no que participan 16 concesionarios que representan a 25 marcas e ofrecen ata este domingo os mellores prezos e prestacións en vehículos seminovos, de xerencia, Km 0 e segunda man.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 24/11/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Expourense ofrece esta fin de semana 404 oportunidades de atopar un coche de segunda man cun importante aforro no seu prezo, con todas as garantías, facilidades de financiamento e entrega inmediata. Os 16 concesionarios ourensáns que participan no 15º Salón do Automóbil – Vehículo de Ocasión adiántanse ao “Black Friday” (venres 29 de novembro) para ofrecer esta cita como o momento oportuno para adquirir un coche de ocasión coas mellores vantaxes.

15º Salón del Vehículo de Ocasión de Expourense. Foto: Prensa Expourense.
15º Salón del Vehículo de Ocasión de Expourense. Foto: Prensa Expourense.

Este salón ofrece opcións de todos as marcas, modelos, prezos e gamas para responder á gran demanda que existe deste tipo de vehículos xa que a subida dos coches novos vén de converter aos de ocasión nunha moi boa opción. O “coche tipo” do mercado de ocasión é, segundo explican desde ACAUTO, Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, un coche SUB, diesel, de entre e 10.000 e 20.000 euros, e de entre 4 e 8 anos de antigüidade. "Mercalo nesta cita pode supoñer un aforro medio entre 4.000 e 6.000 euros con respecto a compralo novo e dependendo do modelo, o aforro pode ser moito maior", din dende a devandita entidade organizadora.

COMPRADORES CHEGADOS DENDE VALENCIA

Entre as unidades que están a colgar o cartel de “Vendido” nos primeiros días de salón, destacan as compradas polos damnificados da DANA de Valencia. O xerente de Toyota, Pablo Pérez, explicaba que “en Valencia os concesionarios están a dar cita para dentro dun mes porque non dan abasto nin teñen coches suficientes e os afectados necesitan un coche de forma inmediata. Buscan información a través de Internet, o que lles levou a dar con este salón. Nós vendemos esta mañá un Toyota Aygo a un cidadán de La Torre que trouxemos ao recinto, pero que tiñamos tamén anunciado na nosa web. E temos outros coches en negociacións tamén para Valencia”.

XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E SORTEOS

Ademais do prezo e a garantía, outra vantaxe para o comprador é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, da que se encarga o propio concesionario. “Neste salón somos todas empresas fiables e solventes e iso ofrece moitas garantías para o comprador que sabe onde estamos se tivese algún problema ou dúbida sobre o seu vehículo”, indican desde ACAUTO.

Compradores participando no sorteo dos 6.000 €. Foto: Prensa Expourense.
Compradores participando no sorteo dos 6.000 €. Foto: Prensa Expourense.

Como incentivo para animar aos visitantes para axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre aqueles que pechen a compra dun automóbil durante esta fin de semana, un bono desconto por importe de 6.000 euros a descontar do prezo do vehículo adquirido e que supón o maior desconto realizado en feiras deste tipo en Galicia. Este importe será achegado entre ACAUTO e Expourense. Os coches que ACAUTO venda neste salón de ocasión tamén están incluídos na achega que se fará a Cáritas por cada unidade vendida.

HORARIOS E PREZO DE ENTRADA

O salón remata este domingo ás 20.00 h. e o prezo da entrada é de 3 euros (menores de ata 12 anos non pagan). Hai tamén servizo de Ludoteca Infantil gratuita.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta