Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2021 | Actualizada ás 21:47
Unha muller, de entre 70 e 80 anos de idade, perdeu a vida na tarde deste mércores ao ser atropelada por un vehículo cando cruzaba unha estrada no municipio coruñés de Carnota.
Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo, o suceso tivo lugar sobre as 20,00 horas, cando a muller se dispuxo a cruzar a vía e foi alcanzada polo vehículo.
Ao lugar acudiu a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, o GES de Muros, así como os servizos de Urxencias Sanitarias 061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.