Galicia dispensará a partir do "4 ou 5 de xaneiro" unhas 37.000 vacinas a nenos de 9, 8 e 7 anos

O test gratuítos de antíxenos para nenos de entre 5 e 11 anos xa están dispoñibles nas farmacias adheridas ao programa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2021 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, dispensará a partir dos días "4 ou 5 de xaneiro", en función da chegada das doses, unhas 37.000 vacinas a nenos e nenas de 9, 8 e 7 anos.

Así o avanzou este sábado o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, quen sinalou que se prevé que o día 3 cheguen a Galicia outras 37.000 vacinas. A elas, dixo, sumaranse outras 37.000 a segunda semana de xaneiro.

En declaracións aos medios tras participar nun acto en Santiago, o máximo mandatario autonómico destacou que a Xunta tamén ofrecerá a partir deste luns, día 20 de decembro, as doses coas que aínda conta tras vacinar nas últimas xornadas ao 87% dos nenos e nenas de entre 11, 10 e 9 anos citados.

Precisamente, o presidente destacou que a porcentaxe de vacinación nesta franxa de idade "é moi alta" por ou que agradeceu aos pais e nais "a súa responsabilidade" e aos menores "a súa colaboración". Ademais, sostivo que "sería bo" que Galicia puidese contar con "máis doses" de aquí ao día 10 de xaneiro para poder "ofrecer unha dose a todos os nenos e nenas de 11 a 5 anos".

TEST GRATUÍTOS EN FARMACIAS

Por outra banda, a Consellería de Sanidade informou este sábado que xa están dispoñibles o test gratuítos de antíxenos para nenos de entre 5 e 11 anos nas farmacias adheridas ao programa.

En concreto, a chegada destas probas sufriu un atraso por un problema en "aduanas" no porto de Valencia, segundo confirmou o venres o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Vacinación covid-19 a nenos 11 anos. ÁLVARO BALLESTEROS
Vacinación covid-19 a nenos 11 anos. ÁLVARO BALLESTEROS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta