Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2021 | Actualizada ás 11:23
Dúas persoas resultaron feridas na madrugada deste domingo ao chocar o vehículo co que circulaban contra unha casa na N-634, na parroquia de San Salvador de Barbeito, no municipio coruñés de Vilasantar.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, un particular avisou do suceso sobre as 2,00 horas da madrugada. Tras iso, avisouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Curtis, á Garda Civil de Tráfico, así como ao servizo de mantemento de estradas.
Por último, os membros do GES de Curtis que acudiron ao lugar sinalaron que as dúas persoas feridas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.