A DXT inicia unha campaña informativa de prevención de atropelos nas estradas da provincia de Pontevedra

Repartirán 500 chalecos de alta visibilidade.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/12/2021 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) inicia este luns unha campaña de prevención de atropelos nas estradas da provincia de Pontevedra, no marco da cal axentes repartirán 500 chalecos de alta visibilidade a peóns e condutores.

Segundo informou a Subdelegación do Goberno en Pontevedra nun comunicado, durante esta campaña informativa e de prevención axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil da provincia repartirán 500 chalecos de alta visibilidade e reflectores a peóns que se despracen polas vías sen facer uso deles, así como a condutores que abandonen os seus vehículos para facer algunha xestión ou trámite.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, destacou que dentro da 'Estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020' da DXT identifícase como "obxectivo prioritario a protección do usuario máis vulnerable".

Por iso, detallou que esta campaña especial de prevención de atropelos na estrada "ten como obxectivo concienciar aos peóns e ao resto de usuarios cos que conviven sobre a importancia de facerse ver na estrada e asegurarse así de que son vistos polos condutores de vehículos", destaca.

En 2019 producíronse en vía interurbana cinco atropelos mortais a peóns, que supoñen o 25% dos rexistrados en Galicia e en 2020 foron dous. No que vai de ano na provincia de Pontevedra producíronse tres atropelos mortais a peóns en vía interurbana ou travesía.

Un garda civil coloca un chaleco reflector ao home auxiliado. GARDA CIVIL
Un garda civil coloca un chaleco reflector ao home auxiliado. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta