Os seguintes en ser vacinados: os de 40-49 anos que completaron a pauta hai 6 meses e os que teñen Astrazeneca

A Xunta di que xa finalizou a citación dos de máis de 49 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

A Xunta iniciou as citacións para convocar os galegos de 49 e menos anos vacinados con Astrazeneca ou que xa completaron a pauta fai máis de seis meses para recibir a dose de reforzo. Confirmouno o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, este martes no que destacou que a resposta á vacinación está a ser boa en todos os grupos.

Concretamente, o conselleiro informou de que xa finalizou a citación deste grupo de idade, en función do aprobado pola comisión de saúde pública.

Galicia propuxo, no entanto, iniciar a vacinación de reforzo a todo o grupo aínda que non finalizasen os seis meses desde que se completou a pauta, unha idea que leva á comisión deste martes no marco da reunión da conferencia de presidentes deste mércores.

Unha persoa recibe a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra. Beatriz Ciscar - Europa Press
Unha persoa recibe a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta