Remata a rodaxe da serie 'Rapa', cuxos actores destacan a espectacularidade das paisaxes galegas

Movistar+ e a produtora galega Portocabo foron os responsables da gravación en Ferrolterra e Ortegal.

Por Enrique Martínez | Santiago de Compostela | 21/12/2021 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

A rodaxe da serie 'Rapa', de Movistar+ e a produtora galega Portocabo rematou tras máis de dous meses de traballo de actores e equipo técnico en varios concellos das comarcas de Ferrolterra e Ortegal . Os propios intérpretes destacaron a espectacularidade das paisaxes e detallaron que o ambiente no que se desenvolve este thriller logra transmitir unha maior dose de misterio ao seis capítulos, de 50 minutos dos que consta esta produción, que será estreada ao longo do próximo ano 2022.

Finaliza a rodaxe da serie 'Rapa'.
Finaliza a rodaxe da serie 'Rapa'. | Fonte: Europa Press

Este martes déronse cita no Teatro Jofre de Ferrol, lugar que tamén foi escenario da serie, alcaldes dos concellos que acolleron as gravacións, ademais de actores e actrices e responsables tanto de Movistar+ como da produtora Portocabo.

Así, Alfonso Blanco 'Fosco', produtor da serie, detallou que "estes foron uns meses moi intensos". "Queremos contar unha historia desde aquí, de algo que coñecemos e que en Portocabo gústanos contar", trasladou, agradecendo a colaboración dos concellos de Ferrol, Narón, Cedeira, San Sadurniño, Valdoviño e Ortigueira.

Un dos guionistas, Pepe Coira, destacou "a gran calidade de todos os actores" e a espectacularidade dos espazos seleccionados par a rodaxe.

"Levamos moitos anos namorados deste territorio, desde aquí (Ferrol) ata A Capelada, e facer unha historia que arrinque en Vixia Herbeira, un lugar máxico, pois é un luxo, o mesmo que estar nunha cidade tan especial como é Ferrol", incidiu, para desexar que "oxalá a serie ofreza unha pálida idea do bonitos que son estes lugares".

En canto aos actores, Toni Salgado quedouse "fascinado da visión que se ten deste territorio desde o mar, desde un barco". "Ademais de estar moi cómodo en todos os lugares onde gravamos, tratáronnos moi ben, e agardo que haxa tempadas".

Mabel Rivera, que interpreta a unha alcaldesa que falece ao principio da serie, e sobre a devandita morte vira toda a trama, detallou "que é moi de agradecer que se conten historias que teñan que ver cos lugares" e que "a néboa ou os ventos teñen que ver coas persoas e as relacións" e estimou que a serie "vai ser un enganche e un terá un gran percorrido".

Lucia Veiga detallou que "se logrou unha conexión entre todo o equipo técnico e artístico coas localizacións, co misterio, a desconfianza, grazas en parte do elenco galego presente".

Por último, Ricardo de Barreiro, destacou o "traballo magnífico de García Bernal, director de fotografía da serie.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta